Ir o contido principal

EDUEMPRENDE: ATRÉVETE

Durante a Semana de Portas Abertas (do 31 de marzo ao 4 de abril) recibimos a visita de 160 alumn@s de 5º e 6º de Primaria que participan no programa Eduemprende: Atrévete!

Viñeron de:

📍 CEIP Plurilingüe de Conmeniño (O Grove)
📍 CPR Vilas Alborada (Santiago)
📍 CEIP Plurilingüe de Sigüeiro
📍 CEIP Campomaior (Ordes)

Na súa visita, descubriron de primeira man a importancia de potenciar a actitude emprendedora, coñeceron a nosa oferta de FP e achegáronse ás saídas profesionais das ensinanzas que impartimos.

Tamén recibiron información útil para participar no concurso EDUEMPRENDE: “Atrévete a ter unha idea”, tanto na modalidade grupal como individual.

Lembrade: o prazo para presentar as vosas propostas de idea de negocio (en formato audiovisual) remata o 9 de maio.

Moita sorte a tod@s... e grazas pola visita!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais