Actividades

Actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Letras Galegas 2015

Charla coloquio dos responsables da Librería KOMIC e Concerto do Coro de Amigos do CMUS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, Xaime Lis, do equipo da Librería Komic de Santiago, impartirá unha charla-coloquio co título "40 anos de viñetas galegas". Complementará a velada a actuación do Coro de Amigos do CMUS de Santiago cun programa de música coral galega.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago.

Pepe Penabade

Rodesindo da Barrosa

Na semana das Letras Galegas, Pepe Penabade interpretará a Rodesindo da Barrosa no noso centro.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca.

Celebración do día da Muller Traballadora

A pasada semana celebramos o día da muller traballadora no CIFP Politécnico de Santiago, colocando nos taboleiros do recibidor varias fotos, acompañadas dunha lenda, sobre mulleres consideradas sobresaíntes.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.

Día Internacional da Muller Traballadora

Día Internacional da Muller Traballadora

Durante a semana do 2 ao 8 de marzo celebrarase neste Centro o día (semana neste caso) da Muller traballadora.

Colga no taboleiro do recibidor unha foto, acompañada dunha lenda, sobre unha muller que consideres sobresaínte.

Doces de Entroido

Doces de Entroido

O vindeiro venres ás 11.30 da mañán, no recibidor do noso Centro, trae doces para compartir e celebrar o Entroido: filloas, orellas, rosquillas, follas de limón...

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Páxinas