Ir o contido principal

Concurso Desafío SCQ

Concurso Desafío SCQ

Trátase dun concurso dirixido ás empresas e estudantes de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e FP de Santiago de Compostela.

O obxectivo da iniciativa é xerar cultura emprendedora entre a xuventude compostelá mediante a súa organización en grupos de traballo para atopar solucións a determinados retos presentados polas empresas participantes.

Pinchando aquí podes ver o vídeo promocional do concurso.

Os pasos que deberán seguir as e os estudantes interesados en participar atópanse recollidas nas bases de participación publicadas na web www.cersiempresa.org

Unha vez inscritos os grupos participantes, se lles enviarán unha serie de retos deseñados por empresas da cidade para que escollan un sobre o que preparar a súa solución. Este traballo realizarase nas aulas e recibirán tres charlas formativas por parte da organización do concurso nas que se lles guiará nos eidos de xeración de ideas, elaboración de proxectos e habilidades comunicativas.

Unha vez remitidas as propostas finais, como máximo ata o 6 de maio de 2015, os equipos participantes recibirán unha primeira comunciación na que se recollerán as 6 propostas finalistas. Estes seis grupos finalistas deberán presentar o seu proxecto nun evento final que se celebrará na primeira semana do mes de xuño.

Alí un xurado formado por representantes do Concello de Santiago, das asociacións empresariasi máis representativas da cidade e membros da organización do concurso premiarán en base aos criterios recollidos nas bases de participación cales son as 3 propostas gañadoras.

Haberá premios para:

a. A solución máis innovadora
b. A solución de maior impacto
c. A solución mellor presentada

Cada un dos membros do equipo gañador, un máximo de 5 por grupo, recibirá unha tablet como agasallo e o seu centro un portátil.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais