Ir o contido principal

Cooperativismo no ensino 2015

Cooperativismo no ensino 2015

A Consellería de Traballo e Benestar convoca o certame cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de Galicia.

O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia , impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Concretamente, para Formación Profesional, convócase a seguinte modalidade:

c) Proxectos empresariais cooperativos dirixidos ao alumnado dos centros de formación profesional e ensinanzas de réxime especial:

-Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo: Un único premio de 5.000 €, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto premiado.
Material audiovisual ou informático por un valor máximo de 1.000 €, para o profesor ou a profesora, ou o director ou a directora do proxecto.
–Dous accésits aos proxectos finalistas: 1.000 € para cada proxecto finalista, que se repartirá entre o alumnado que elaborou cada un dos proxectos finalistas.
Material audiovisual ou informático para o profesor ou profesora, ou o director ou directora dos proxectos finalistas, por un valor máximo de 500 €.

O prazo de presentación dos traballos remata o día 15 de maio de 2015.

Pódese tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento TR802O

Máis información no DOG do 26 de febreiro de 2015 e en www.cooperativasdegalicia.coop

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais