MAUS |
|
---|---|
![]() |
Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 4 de maio, na hora da pausa (11:30 - 12:00). Trataremos a novela de Art Spiegelman "Maus". |
Despois de falar de "O bosque dos raposos aforcados", obra de Arto Paasilinna, abordamos a lectura desta obra de banda deseñada e animamos a novos usuarios a incorporarse ao club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios. Na Biblioteca dispoñemos ademais do Metamaus, novela gráfica que revive e explica este clásico da banda deseñada. |
Día e hora do evento:
luns, 4 Maio, 2015 - 11:30 a 12:00