La mujer rebelde

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 16 de maio, na hora da pausa da mañá (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de banda deseñada "La mujer rebelde" de Peter Bagge.

Despois de falar de "El Rastreador" de Jiro Taniguchi, abordamos a lectura desta obra de banda deseñada e animamos a novos usuarios a incorporarse ao club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios.

Día e hora do evento: 
luns, 16 Maio, 2016 - 11:30 a 12:00