CONTRATO CON DEUS E COUSAS DE MORTOS |
|
---|---|
![]() |
Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 13 de xuño, na hora da pausa da mañá (11:30 - 12:00). Trataremos as obras de banda deseñada "Contrato con Deus" de Will Eisner e "Cousas de Mortos" de Manel Cráneo. |
Despois de falar de "La mujer rebelde" de Peter Bagge, abordamos a lectura destas dúas obras de banda deseñada e animamos a novos usuarios a incorporarse ao club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios. |
Día e hora do evento:
luns, 13 Xuño, 2016 - 11:30 a 12:00