Vida de nai

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 7 de marzo, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de banda deseñada "Vida de nai. O inverno" de Gemma Sesar, Ramón Marcos e Jorge Castell.

Despois de falar de "Watchmen" de Alan Moore, abordamos a lectura desta obra de banda deseñada e animamos a novos usuarios a incorporarse ao club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios.

Día e hora do evento: 
luns, 7 Marzo, 2016 - 11:30 a 12:00