Ir o contido principal

Celebración de Xornada Técnica


"Presentación da colección SIMON 100 iO"

O pasado día 31 de xaneiro celebrouse no noso centro a xornada de presentación da nova gama de SIMON da man de ASINEC (Asociación Provincial de Industriais Electricistas e de Telecomunicación de A Coruña), a quen lle agradecemos que conten con nós para a organización das súas actividades, e o seu socio colaborador ANPASA.

A principal novidade desta nova gama é que os dispositivos pasan de ser analóxicos a dixitais grazas á denominado “internet das cousas”.

Despois da presentación, os asociados que acudiron puideron comprobar de primeira man as posibilidades e as calidades dos produtos que a marca puxo á súa disposición. Esta demostración completouse coa presentación da App que controla estes dispositivos e todas as posibilidades que ofrece.

A xornada finalizou cun aperitivo que serviu para poñer o punto e final a unha interesante xornada.

Con este tipo de actividades a Formación Profesional e o CIFP Politécnico de Santiago sigue colaborando coas empresas do entorno produtivo para que alumnado e profesorado podan  estar actualizados. 

Preme sobre as seguintes ligazóns para acceder á nota de prensa publicada por ASINEC e a unhas fotografías da xornada.

 
 
 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais