Ir o contido principal

KNX Fácil de programar

O pasado día 27 de setembro celebrouse no  CIFP de Santiago de Compostela un taller denominado “ KNX fácil de programar” organizada por ASINEC, coa colaboración de Galektra e desenvolvido por  Schneider  Electric.

Esta edición, como xa ocorrese na da Coruña, espertou gran interese entre os asociados que completaron o aforamento que se dispuxo para a ocasión.

O obxectivo deste taller era coñecer a tecnoloxía de  KNX que dunha maneira sinxela permita a automatización de deseño e posta en servizo especificamente deseñada para fogares, tendas, escolas, restaurantes, oficinas e calquera outro edificio pequeno.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais