Patria
O venres, 16 de decembro, tivo lugar a terceira reunión do club de lectura do curso 2022-2023 na hora do descanso, na que falamos de Patria, de Toni Fejzula. Nesta obra de banda deseñada, baseada na novela de Fernando Aramburu, o autor expón a súa visión sobre os trinta últimos anos na sociedade de Euskadi.
A seguinte reunión terá lugar o venres, 10 de febreiro, tamén na hora da pausa. Trataremos From hell de Alan Moore e Eddie Campbell.