Ir o contido principal

Dúas moedas

O venres, 3 de decembro, tivo lugar a segunda reunión do club de lectura do curso 2021-2022 na hora do descanso, na que falamos de Dúas moedas, de Núria Tamarit. Mar, unha adolescente europea, viaxa ao Senegal na compaña da súa nai, para traballar no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora nunha vila de agricultores e pescadores ao norte do país. Dúas moedas é unha mirada a unha parte da realidade africana, tan vasta e complexa coma fascinante nas súas particularidades.

A seguinte reunión terán lugar o venres 10 de decembro, tamén na hora da pausa, na que trataremos Regreso al Edén de Paco Roca.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais