Ir o contido principal

O pacto do letargo

O venres, 26 de novembro, tivo lugar a primeira reunión do club de lectura do curso 2021-2022 na hora do descanso, na que falamos de O pacto do letargo, de Miguelanxo Prado. Trátase dunha obra que incide na relación da humanidade coa natureza, pero tamén mestura tramas de corrupción no mundo universitario con criaturas sobrenaturais.

As seguintes reunións terán lugar o venres 3 e 10 de decembro, tamén na hora da pausa. Trataremos Dúas moedas de Núria Tamarit e Regreso al Edén de Paco Roca.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais