Ir o contido principal

"Estamos todas bien"

O mércores, 11 de novembro, tivo lugar a primeira reunión do club de lectura do curso 2020-2021 na hora do descanso, na que falamos de Estamos todas bien, de Ana Penyas. Trátase dunha obra que incide na débeda da sociedade coas nosas aboas, ás que non coidamos como elas coidaron de nós, en palabras da propia autora. Outros temas como a memoria histórica, a represión e a mirada feminista da época franquista son tratados nesta obra de banda deseñada. Polas circunstancias actuais da pandemia mundial, a reunión tivo lugar de forma mixta: presencial e a distancia por medio de Cisco Webex.

As seguintes reunións terán lugar o mércores 9 e o venres 11 de decembro, tamén na hora da pausa. Trataremos Matar un ruiseñor de Harper Lee e Mujeres de Salem de Thomas Gilbert

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais