Ir o contido principal

Feche por vacacións do Club de Lectura Brétema

Feche por vacacións do Club de Lectura Brétema

Estando próxima a fin do curso escolar, hoxe celebramos a última sesión do club de lectura "Brétema", coa obra de banda deseñada Blacksad de Juan Díaz Canales como guionista e Juanjo Guarnido como debuxante.

Despois de comentar esta obra policiaca, fixemos memoria dos libros lidos ao longo de todo o curso e asignámoslle unha puntuación (entre 0 e 10). Esta foi a media das puntuacións obtidas:

- Maus: 8.45
- Engurras: 8.27
- He visto ballenas: 8.1
- Ardalén: 7.8
- O bosque dos raposos aforcados: 7
- Blacksad: 6.81
- La mala gente: 6.72
- A casa dourada de Samarkanda: 6.54
- O máxico arrecendo e outras historias: 4.9

Ademais, marcámonos como obxectivo ler durante esta paréntese as novelas "Ollos de auga" de Domingo Villar e "Maldito karma" de David Safier.

Vémonos en setembro!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais