1ª Reunión do Club de Lectura
1ª Reunión do Club de Lectura | |
---|---|
O noso club de lectura "Brétema" reuniuse hoxe, 1 de decembro, para falar da obra de banda deseñada: La Mala Gente; de Étienne Davodeau. | |
Entre as 11.30 e as 12.00 horas de hoxe xuntámonos na cafetería do centro para comentar os aspectos desta obra que nos chamaron máis a atención, como a loita dos traballadores por alcanzar certos dereitos que hoxe nos parecen fundamentais, a participación de determinados sectores da Igrexa Católica na consecución destes logros, o diferente trato que determinados relixiosos docentes dispensan ao alumnado, en función da súa procedencia social, e certos aspectos alienantes do traballo en cadeas de produción. O vindeiro luns, 15 de decembro, volveremos reunirnos para tratar a obra Ardalén de Miguelanxo Prado. |