Ir o contido principal

Convocatoria xeral de bolsas para o curso 2017-2018

Convocatoria xeral de bolsas para o curso 2017-2018

No BOE do 10 de agosto de 2017 publicouse a convocatoria xeral de bolsas para o curso 2017-2018.

Os prazos para a presentación de solicitudes para estudantes non universitarios péchase o 3 de outubro de 2017.

As solicitudes de bolsas deben tramitarse en todo caso dentro do período indicado, aínda que non coincida co período de matrícula.

O formulario debe ser cuberto por internet a través da oficina electrónica do Ministerio en:

https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=937

Rematada a aplicación, debe ser asinada polo solicitante, con calquera dos sistemas de sinatura electrónica ou usando as claves subministradas.

A continuación, a solicitude debe ser enviada por procedemento electrónico para terse por presentada a todos os efectos. Non serán tomados en consideración os formularios cubertos telemáticamente que non conclúen o proceso de envío.

Os requisitos académicos son os mesmos co ano pasado coas seguintes salvedades:

- Para 1º de Ciclo Medio non se esixe nota mínima.
- Para 1º de Ciclo Superior no caso do acceso desde Ciclo Medio, esíxese un 5,5 no conxunto de módulos do Ciclo Medio (dos dous anos).

 

Simulador da contía

Nesta dirección podes obter unha estimación da contía da bolsa que podes obter:

https://www.dudasbecasmec.com/2017/09/calculadora-de-becas-mec-20172018.html

 

Máis información

Ademais da páxina do Ministerio, podemos obter máis información na seguinte páxina: https://www.dudasbecasmec.com/2017/. Esta última aínda que non é unha páxina oficial (finánciase coa publicidade) é de gran utilidade.

Este ano o Ministerio facilita unha serie de vídeos para axudar na confección da beca.

 

Atención

Se obtés beca e non a destinas ao seu fin poden obrigarche a devolvela. Entenderase que non destinas a bolsa para a súa finalidade se a final de curso te atopas nalgunha das seguintes situacións:

- Causar baixa de feito no centro, antes de que remate o curso 2017-2018.
- Non ter asistido ao oitenta por cento ou máis das horas lectivas.
- Non superar o 50 por cento das horas matriculadas.
- No caso de obter bolsa para o proxecto de final de estudos, non presentalo no prazo dun ano desde a data da concesión da bolsa.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais