Atrévete 2021-2022


"Visita do CPI Camiño de Santiago de O Pino ao noso centro"

A actividade desenvolveuse o venres 18 de febreiro, co alumnado de 5º curso de Primaria do CPI Camiño de Santiago de O Pino, e coa colaboración dos emprendedores da empresa PF Technologies S.L., que ocupan o noso viveiro de empresas. O alumnado participante poido ver cales son os distintos ciclos formativos que se imparten no centro, visitando os diversos talleres.

O programa Atrévete ten como obxectivo dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.

O programa vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O CIFP Politécnico de Santiago é o centro de referencia dos centros educativos de Santiago e dos centros da súa contorna.

Share this post