Asinec

Asinec: XVI concurso de xóvenes instaladores

O día 21 de xuño celebrouse a fase provincial do concurso de xóvenes instaladores no noso centro. As probas constaban dunha parte teórica na que os participantes tiñan que demostrar os seus coñecementos e manexo dos reglamentos técnicos e outra de carácter práctico na que deberían desenvolver unha simulación da instalación eléctrica e de telecomunicacións dunha vivenda.

Finalmente, o xurado proclamou vencedor a D. Abdel Jalil Mahdaoui Mañana, alumno do IES de Sabón, que participará na fase final da XVI edición do concurso de xóvenes instaladores, durante a feira de MATELEC que se celebrará a finais de novembro.

Nas ligazóns seguintes pódese acceder a un artigo no que se narra o desenvolvemento da fase provincial no CIFP Politécnico de Santiago e a ligazón á versión dixital da revista na que se inclúe.

 

 

 

Share this post