Ir o contido principal

AQUAE TALENT HUB VOLVE A SANTIAGO PARA DAR UN PASO MÁIS NA INNOVACIÓN COLABORATIVA

AQUAE TALENT HUB VOLVE A SANTIAGO PARA DAR UN PASO MÁIS NA INNOVACIÓN COLABORATIVA

Santiago de Compostela  acollerá o 8 de novembro a segunda edición de  Aquae Talent Hub.

Trátase dun evento de innovación e emprendemento impulsado por Viaqua, a súa  Fundación Aquae e a USC coa  idea de dar "un paso máis", centrado este ano na "innovación colaborativa".

Trata de dotar de ferramentas de crecemento profesional e persoal a  alumnado e outros participantes do mundo do emprendemento e a innovación, a experiencia trata ademáis  de reafirmar o seu  vínculo coa Universidade, ao compartir esa preocupación pola innovación que contribua a un mundo sostenible.

O evento correrá a cargo  de expertos en innovación e emprendemento como Cecilia Tham, impulsora del movimiento maker en Barcelona, Ana Sáenz de Miera, codirectora de Ashoka Europa, Valerie Miles, editora da revista Granta en español e Santiago Roncagliolo, escritor comprometido co desenvolvemento na Amazonía. Irene Lapuente, cofundadora de la empresa La Mandarina de Newton, será a dinamizadora dos talleres.

O lugar será a Aula Magna da Facultade de Económicas de Santiago de Compostela en horario de 10.00-14.00.

Prema sobre as seguintes ligazóns para acceder ao cartaz, unha nota de prensa informativa ou a propia web da Fundación Aquae.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais