Ir o contido principal

Acreditación de Competencias


Acreditación de competencias. Publicación da orde de convocatoria do proceso de acreditación 2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sensible ás necesidades dos traballadores e traballadoras que demandan unha certificación oficial da súa cualificación procede a convocar o proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2021.

Orde de convocatoria publicada no DOG do 15 de xuño de 2021

ORDE do 4 de xuño de 2021 pola que se regula, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B)

Descargar Orde de Convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210615/AnuncioG0598-070621-0001_gl.pdf

Máis información

Recoméndoche que consultes toda a información (oferta e centros, fases do procedemento, requisitos e máis información) no portal de FP, no seguinte enderezo:

http://www.edu.xunta.gal/fp/acredita

Unidades de competencia

Neste portal podes comprobar as unidades de competencia que se ofrecen en cada sede e por cada familia profesional. A continuación facilítase o enlace ao buscador:

http://www.edu.xunta.gal/fp/acredita/oferta-buscador

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais