Ir o contido principal

Acreditación de Competencias


Pago de taxas Fase Avaliación. Convocatoria 2019

A persoa candidata admitida para a realización da fase de avaliación deberá aboar unha taxa de 10,37 euros por cada unha das unidades de competencia nas que solicite a súa avaliación.

O xustificante do pagamento da taxa da fase de avaliación entregaráselle á comisión de avaliación cando o candidato sexa citado para realizar esta fase.

Para iniciar o pagamento de taxas acceda ao enlace Pago de taxas e prezos e siga a ruta Iniciar taxa.

Pode xerar o modelo AI de autoliquidación de taxas para completar a man e presentar na oficina bancaria, prema no mesmo enlace Pago de taxas e prezos,  a continuación siga a ruta Iniciar taxa, elixa a opción de Acceso libre ao servizo (icona co candado aberto) e, por último, Descargar modelo (descargarase modelo en branco).

 CÓDIGOS PARA CUBRIR O IMPRESO:

• Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Código 07.
• Delegación de ServizosCentrais: Código 13.
• Servizo de Secretaría Xeral: Código 01.
• Para a fase de avaliación: Taxa denominación: Avaliación do/a candidato/a para participar no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación:  Código 304202.

 

 IMPORTE TAXA DA FASE DE AVALIACIÓN:

A persoa candidata admitida para a realización da fase de avaliación deberá aboar unha taxa de 10,37 euros por cada unha das unidades de competencia nas que solicite a súa avaliación.

Para máis información sobre pagamento de taxas, ou para ver as posibles excepcións ao pago, consulte a páxina Taxas https://www.edu.xunta.es/fp/pagamento-taxas. Tamén pode consultar a páxina de inicio da aplicación informática de xestión do procedemento www.edu.xunta.es/acreditacion

Pode consultar toda a información no seguintes enderezos:

https://www.politecnicodesantiago.es/acreditacion2019_taxas

https://www.edu.xunta.es/fp/pagamento-taxas

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais