Ir o contido principal

Acreditación de Competencias


Pago de taxas Fase Asesoramento. Convocatoria 2019

Se vostede foi admitido para iniciar o proceso de acreditación de competencias, para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases. Para a fase de asesoramento o xustificante de pago entregaraseao inicio da reunión grupal. 

No seguinte enlace pode acceder a toda a información relacionada https://www.edu.xunta.es/fp/pagamento-taxas

Para iniciar o pagamento de taxas acceda ao enlace Pago de taxas e prezos e siga a ruta Iniciar taxa.

Pode xerar o modelo AI de autoliquidación de taxas para completar a man e presentar na oficina bancaria, prema no mesmo enlace Pago de taxas e prezos,  a continuación siga a ruta Iniciar taxa, elixa a opción de Acceso libre ao servizo (icona co candado aberto) e, por último, Descargar modelo (descargarase modelo en branco).

 Códigos para cumprimentar o modelo A para a fase de asesoramento:

• Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Código 07.
• Delegación de ServizosCentrais: Código 13.
• Servizo de Secretaría Xeral: Código 01.
• Para a fase de asesoramento: Taxa denominación: Asesoramento do/a candidato/a para participar no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación: Código 304201.

 

 IMPORTE TAXA DA FASE DE ASESORAMENTO:

O candidato admitido para a realización da fase de asesoramento deberá aboarunha única taxa de 20,73 euros. O xustificante do pagamento deberáselle entregar ao asesor na primeira reunión de asesoramento que se realice, polo que será necesario tela realizada polo menos no día anterior.

Para máis información sobre pagamento de taxas, ou para ver as posibles excepcións ao pago, consulte a páxina Taxas https://www.edu.xunta.es/fp/pagamento-taxas. Tamén pode consultar a páxina de inicio da aplicación informática de xestión do procedemento www.edu.xunta.es/acreditacion

Pode consultar toda a información no seguintes enderezos:

https://www.edu.xunta.es/fp/fase-asesoramento-2019

www.edu.xunta.es/acreditacion

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais