Skip to main content

Política de Calidade

A Política de Calidade é o conxunto de intencións globais e a orientación do noso centro relativas á calidade, expresadas formalmente pola Dirección. Todo o Centro (alumnado, profesorado, persoal non docente e pais e nais) ten palabra na determinación da Política de Calidade polo que convidámoste a participar coa túa opinión a través da caixa de suxestións. Contribuirás deste xeito á mellora do noso sistema de xestión da calidade.

Con data 04 de xullo de 2023, AENOR, Asociación Española de Normalización e Certificación, voltou certificar que o CIFP Politécnico de Santiago dispón dun sistema de xestión da calidade consonte coa Norma UNE-EN-ISO 9001:2015 para as actividades de impartición de formación profesional inicial (no réxime ordinario e no réxime das persoas adultas) de grao básico, grao medio e grao superior, así como o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais