Skip to main content

Proxectos de Innovación

Desenvolvemento dun adestrador de telefonía VoIP, baseado en tres Raspberry Pi funcionando en paralelo, que poida ser replicado por calquera centro educativo para complementar as custosas centrais comerciais.

Adaptación dunha aula do centro como vivenda que cumpra o regulamento ICT no seu anexo V, que recolle a eficiencia enerxética, a seguridade e o control domótico da vivenda, así como a instalación de todos os servizos recollidos nos regulamentos. Desenvolvemento dun software que permita a utilización do adestrador a distancia, desde calquera PC, táboa ou teléfono intelixente conectado a internet.

Construción de tres prototipos de kaiaks de travesía adaptados ás necesidades propias do litoral galego e que cumpran as seguintes premisas: fabricado en madeira autóctona e epoxi, deseño propio, adaptable a diferentes usos, baixo custo de fabricación e posibilidade de comercialización e en formato kit.

Establecemento do deseño e a metodoloxía para a construción dun laboratorio de medios audiovisuais no CIFP Politécnico de Santiago accesible desde calquera PC conectado a Internet, coa integración do software LaBMU - Studio de modo local. Os espazos dos que dispón (estudio de gravación, sala de control e estudio de TV) estarán a dispor de profesorado, alumnado e empresarios do viveiro. Desenvólvense unidades didácticas e materiais multimedia en todas as fases do proxecto.

Vídeo de Presentación do Laboratorio en Galicia Innova

Este proxecto de innovación explora como elaborar taboleiros aptos para o seu emprego na fabricación de mobiliario.

O plástico é un material que pode ser reciclado, pero non todos poden volver a ser incorporados para o seu uso na fabricación de novos materiais e, por desgracia, a máis das veces, teñen como fin a súa incineración ou o emprego como material de recheo.

Neste proxecto trátase de aproveitar a natureza termoplástica dunha grande maioría de plásticos para poder empregalos como material consolidante. O obxectivo deste proxecto é poder conseguir materiais plenamente funcionais mediante a combinación do plástico e outros residuos coma poden ser serraduras, cunchas ou lodos. Neste proxecto combina a capacidade de tres familias profesionais: Química, Amoblamento, madeira e cortiza e Fabricación mecánica. Entre os estudantes destas familias hai sinerxías que permiten obter materiais funcionais perfectamente caracterizados que aporten solucións, tanto para a elaboración de mobiliario doméstico como para a obtención de mobiliario técnico.

Obxectivos:

  1. Crear unha celda robotizada con diferentes técnicas de soldadura.
  2. Posibilitar a realización de prácticas, tanto para o alumnado como para o profesorado, en novas tecnoloxías de soldadura robotizada.
  3. Fomentar o uso das TIC na familia profesional de Fabricación Mecánica.
  4. Elaborar material didáctico e prácticas para os ciclos de Fabricación Mecánica.

Deseño e desenvolvemento dun centro de transformación didáctico conectado a unha rede eléctrica intelixente ("smartgrid"). Implantación dun sistema de telecontrol remoto e comunicable. Integración do sistema SCADA e o telecontrol nun PC servidor.

Smart Panel: Consta dun cadro eléctrico intelixente, que dispón do equipamento cos avances tecnolóxicos mais recentes en comunicacións industriais e medida, o que permite ó alumnado acadar competencias sobre integración de sistemas, configurar, verificar e monitorizar de forma remota o consumo de enerxía eléctrica. Formándose deste xeito en dous dos piares fundamentais da industria 4.0, como son as redes de comunicación e a eficiencia enerxética.

Deseño, cálculo e montaxe dunha cúpula xeodésica para aplicación dos coñecementos de CAD 2D e 3D, e introducir ao alumnado nos principios dos sistemas estructurais. Permite, ademais, estudar os ensaios na madeira e os procesos organizativos e de optimización de recursos (GAN, CPM e PERT).

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais